Ollos verdes son traidores.. azules son mentireiros, os negros e acastañados son firmes e verdadeiros (bis) Na beira, na beira, na beira do mar hai unha lanchiña, para ir a navegar, para ir a navegar para ir a navegar na beira, na beira, na beira do mar. Cinco sentidos temos.. os cinco necesitamos pero os cinco perdemos cando nos namoramos (bis) Na beira.. Xuntáronse catro un día, os mellores deste barrio mataron un gato a tiros e o meteron nun saco. Vai o gato metido nun saco vai o gato pra terra da laxe vai o gato metido nun saco ai gatiño, xa non volves máis. O gato era un artista, que traballaba na ribeira, agora é un bañista na praia da Castiñeira. Vai o gato.. Que mal lles parecía a calquera deses catro, que os meteran nun saco como meteron ó gato. Vai o gato... A saia da Carolina ten un lagarto pintado; cando a Carolina baila o lagarto dálle ó rabo. ¿Bailaches, Carolina? Bailei, si señor. ¿Dime con quen bailaches? Bailei co meu amor Bailei co meu amor Bailei co meu amor ¿Bailaches, Carolina? Bailei, si señor. A Carolina é unha tola que todo fai ó revés; vístese pola cabeza e íspese polos pés. ¿Bailaches, Carolina? Bailei no cuartel. Dime, ¿con quen bailaches? Bailei co coronel. Bailei co coronel. Bailei co coronel. ¿Bailaches, Carolina? Bailei no cuartel. O señor cura nonbaila porque ten unha coroa. Baile, señor cura, baile, que Deus todo llo perdoa. ¿Bailaches, Carolina? Bailei, abofé. Dime, ¿con quen bailaches? Bailei co meu Xosé. Bailei co meu Xosé. Bailei co meu Xosé. ¿Bailaches, Carolina? Bailei, abofé. No curro da Carolina non entra carro pechado namais entra Carolina co seu cocho polo rabo. Co teu amor, Carolina, non volvas a bailar porque che levanta a saia e é moi mala de baixar Fun a taberna do meu compadre, fun polo vento e vin polo aire . (bis) É como en cousa de encantamento fun polo aire, vin polo vento. (bis) E pousa, pousa, pousa e non me toques naquela cousa. E pousa pousa axiña e non me toques naquela cousiña. E pousa, pousa, pousa e non me toques naquela cousa. E pousa pousa axiña e non me toques naquela cousiña. Murmuraban as miñas veciñas que eu andaba co crego nas viñas. (bis) Iso é verdade i eu non o nego que eu andiven ás loitas co crego (bis) E pousa.. Cando me case xa teño un galo xa miña nai non me ten que dalo. (bis) Cando me case xa teño un polo xa miña nai non me ten que dar todo. (bis) E pousa.. Éche un andar miudiño miudiño, miudiño, miudiño, miudiño, o que eu teño. Que teño unha borracheira de viño, que auga non bebo. Mira, mira Maruxiña mira, mira como veño. Inda que ves, que me ves que me ves, que me ves que me caio. Heiche de andar miudiño, miúdo, miúdo. Que eu traio unha borracheira de viño que auga non bebo. Mira, mira Maruxiña mira, mira como veño. Aínda que ves, que me ves que me ves, que me ves, que me vou caendo éche o andar miudiño miúdo, miúdo, que eu teño. O sancristán de Coimbra facía mil diabluras. mollaba o pan en aceite deixaba os santos a escuras. E vate fado, e vate ben ti ere-la causa do meu desdén. O mar tamén ten amores o mar tamén ten muller está casado coa area dálle bicos cantos quer. E vate fado... Eu quixera ser merliño e ter o pico encarnado para facer o meu niño no teu cabelo dourado. E vate fado.. Ven bailar Carmiña, Carmiña, Carmela, con zapato baixo e media de seda e media de seda e media calada ven bailar Carmiña, miña namorada. Os zapatos piden medias, as medias piden zapatos, as raparigas bonitas piden rapaciños guapos. Ven bailar… Catro cousas hai no mundo que revolven o sentido amar e non ser amado querer e non ser querido. Ven bailar Ai Pepiño, adiós, ai Pepiño, adiós, ai Pepiño por Deus non te vaias, quédate con nós, quédate con nós, non te vaias afogar na praia como nos pasou a nós. ¡Ai Sálvora, ai san Vicente! ¡Ai Sálvora, ai san Vicente! ¡Ai Sálvora, ai san Vicente! as mozas bonitas, están en Mourente. Ai Pepiño, adiós... ¡Ai Sálvora, ai san Vicente! ¡Ai Sálvora, adiós Mourente! ¡Ai Sálvora, boca da ría! ¡Para boas mozas en Vilagarcía! Ai Pepiño, adiós... ¡Ai Sálvora, vento norteiro! ¡Ai Sálvora, meu compañeiro! ¡Ai Sálvora, vento ventiño! xa están as rapazas na punta de Aguiño. Ai Pepiño, adiós Alá na terra de Lugo, na montaña de Burón pasóu un caso chocante que causóu admiración. Vivía unha patrona con unha filla e unha neta; as tres estaban solteiras nunha casiña pequena. Todas as tres tiñan mozo, todas se queren casar, e maiormente a patrona xa non se pode aguantar. Ésta trataba cun vello medio xordo e xorobado, pero era mui bonito porque tiña moitos cartos. A filla era media bruxa e tamén tiña rapaz: un xastre de mala morte que andaba polo lugar. A neta era mui noviña, tiña quince primaveras, sólo que tiña un defecto: era tortiña das pernas. Ésa tamén tiña noivo: un gallardo paragüeiro que cando viña ó lugar botáballe algún remendo. Un día que estaban xuntos entre todos acordaron casarse todos nun día, por evitar moitos gastos. A vella toda apurada foi cunta o cura correndo, antes que algún dos noivos cambeara de pensamento. -Boas tardes, señor cura, véñolle a preguntar por facer tres casamentos cánto nos vai a cobrar. -Un cóstalle trinta pesos e os tres valen noventa, pero sendo os tres xuntos rebaixaréilles da cuenta. -Craro que son todos xuntos e todos nun mismo día: cásome eu e cásase a neta e támen se casa a filla. -Nunca outra tal se viu desde que son sacerdote; tres casoiros nunha casa debe ser señal de morte. -Pois non lle é ningún milagre é que topamos tres burros e hai que aparellalos pra que queden ben seguros. -Pois véñame cando queiran que eu cásoos de contado e como son todos xuntos, heillo de facer barato. -De padriños e madriñas servimos uns prós outros; e, mire chéganos ben, que queremos rezar pouco. Un día de moito inverno saliron pra se casar; deixaron a casa sola e os rapaces do lugar entráronlle na cociña, leváronlle a carne toda, o viño cas empanadas, todo o que tiñan prá boda. Tocando cornos e latas, cencerros e potes vellos, marcharon pra unha xesteira mui alegres e contentos. Alí fixeron a festa a conta dos casamentos o viño andaba por cuncas e a carne por torombelos. Volvamos ás tres parexas que viñan de se casar, pensando na gran inchenta que se iban a tomar. Cando chegaron á casa toparon todo barrido, nin molete nin ovella nin o pelexo do viño. -¿Quén sería o galopín, tan ladrón e desalmado? - dixeron os matrimonios, todos a un tempo, chorando. Esta sí que che foi gorda, nunca me houbera casado, que polo primeiro día xa levamos bon petardo. Mais a conta foi despóis, ó chegar os convidados topan as portas pechadas e os matrimonios chorando. -¿Qué vos pasa, meus amigos, - dixo un dos invitados- que todos estades tristes, como perdidos, chorando? -¿Qué é o que vai pasar? -dixo a tía Micaiela-: mentras nos fomos casar roubáronnos a ovella, o viño e o pan de trigo, empanadas e paella, e non levaron a casa porque non puderon coela. Ó ver esto os convidados, todos de mala maneira diron a volta pra casa coa barriguiña valeira. Eles que iban con fame, tuveron que dar a volta, cos dentes mui afilados sin poder probar bocado. Mentras tanto no lugar fixeran unha gran festa, hasta os cans reventaron coas zancas da ovella. Os matrimonios á noite fóronse cedo prá cama, pero como tiñan fame non puideron facer nada. Porque o baile, meus amigos, según dicen sal da panza, e todo aquel que non come ten pouca gana de danza AS PACHOCAS ¡Que ben cantan, que ben bailan aquelas catro pachocas! ¡Que ben cantan, que ben bailan! ¡Que ben menean as zocas!
Aqueles que andan no baile ambos me parecen ben, ela parece unha rosa e el parece un caravel.
Eu pedinllo a unha nena no porteliño do prado. Respondeume a picarona que estaba o campo mollado.
Aquel paxaro non canta seica non ten alegría, non se fai cousa de noite que non se saiba de día.
Vamos ruando, meniña, e vamos ruando a eito, xa que levámo-la sona, levarémo-lo proveito.
Séntate aquí miña prima ti nunha pedra e eu noutra, axudarasme a cantar, a miña fortuna é pouca.
|